O Proxecto GNOME presenta a nova versión de GNOME, a 3.26, completamente traducida ao galego polo Grupo de traducion de GNOME ao galego. Esta nova publicación mantén o gran traballo de tradución que está a facer este grupo xa que segue a manter o nivel de tradución da interface no 100%.

GNOME 3.26 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28459 cambios realizados por 753 contribuidores aproximadamente.

Novidades en GNOME 3.26

GNOME 3.26 continúa o traballo das publicacións anteriores, coa mellora e inclusión de novos aplicativos, que conforman un ambiente de escritorio integrado e coherente no seu conxunto, facendo o seu uso máis doado e intuitivo.

Entre as melloras poderíamos destacar:

  • Busca mellorada: Os resultados teñen unha disposición nova que fai máis doado ler e mostra máis elementos dun vistazo. Ademáis, agora é posíbel buscar accións do sistema, incluíndo apagar, suspender, bloquear pantalla, pechar a sesión, cambiar de usuario e bloquear a orientación.
  • Nova visualización para as Preferencias: GNOME 3.26 introduce unha nova disposición para o aplicativo Preferencias. A anterior grella de iconas foise e, no seu lugar, unha nova barra lateral permite cambiar entre as distintas áreas. A nova barra lateral fai máis doao e simple navegar entres o aplicativo de preferencias e dispón as preferncias máis usadas á man.
  • Emoticonas con cor: As emoticonas con cor chegaron a GNOME! Agora mostraranse coloreadas cando aparecen. Tamén se engadiron varias formas de inserir emoticonas en GNOME 3.26. Isto inclúe o aplicativo Caracteres, que agora permítelle navegar e buscar emoticonas e copialas en mensaxes e documentos. Polari, o cliente de IRC de GNOME ten un selector de emoticonas dedicado e está dispoñíbel unha ferramenta similar para usala noutros aplicativos.
  • Sincronizar o seu navegador: A compatibilidade de GNOME coas tabletas gráficas Wacom obtivo importantes melloras para 3.26. Para realzar, a xestión das preferencias de Wacom agora é compatíbel con Wayland, o que significa que os usuarios de Wacom xa non terán escusa para non cambiar de X11.

Pódese obter unha lista máis detallada das novidades de GNOME nas notas de publicación (tamén en galego).

 

Publicamos os recursos lingüísticos de GNOME 3.26

Ademais Logo da publicación de GNOME 3.26 desde o Grupo de tradución de GNOME ao Galego estamos moi orgullosos de publicar os produtos finais en forma de recursos lingüísticos derivados das traducións de GNOME 3.26 de tal forma que todos os tradutores poidan reaproveitar o noso traballo.

Estes recursos contan cos compendios de tradución Inglés-Galego da interface de usuario e documentación para os aplicativos que forman parte de GNOME 3.26 en formato TMX. Estes ficheiros publícanos con licenza Creative Commons BY-SA 3.0 co que poden empregarse de forma libre mentres se cumpra cos termos de dita licenza.

Como obter o último GNOME

O código fonte de GNOME 3.26 está dispoñible gratuitamente para descargar e redistribuír, aínda que para a maioría de usuarios é aconsellable agardar ata que a súa distribución GNU/Linux inclúa a nova versión GNOME 3.26. Con todo, na web do proxecto é posible consultar a información sobre como obter GNOME para probalo.

Os interesados en axudar a facer GNOME mellor poden involucrarse en GNOME e axudar en calquera das múltiples tarefas dispoñibles para moitos ámbitos, non só programadores, senón tradutores, deseñadores, publicistas etc. Así, por exemplo, dado os escasos recursos dos que dispón o grupo, desta quenda non se puido actualizar a documentación base dos aplicativos así que unha axuda en este sentido sería moi ben recibida polo equipo.

 

Pin It on Pinterest

Share This