GitHub Sponsors é un programa para axudar a financiar os proxectos de software de código aberto que se desenvolven e aloxan na plataforma de GitHub. Ofrece a posibilidade de que calquera usuario doe unha cantidade mensual aos proxectos que desexe.
«Calquera que contribúa ao código aberto, xa sexa a través do código, documentación, liderado, titoría, deseño ou outra cousa, pode ser patrocinado», comentan os responsables de GitHub.
GitHub Sponsors non cobrará ningunha tarifa aos patrocinadores.
Máis información no comunicado oficial.

Pin It on Pinterest

Share This