Mancomún

GitHub libera unha ferramenta para axudar a licenciar proxectos de software libre chamada Licensed

Mércores, 14 Marzo 2018

GitHub, a forxa máis empregada para aloxar proxectos de software libre, acaba de liberar Licensed.
Licensed era unha ferramenta interna de GitHub, que acaban de cambiar e licenciar coa licenza MIT e publicar para todos os usuarios da plataforma.

Esta ferramenta é unha axuda á hora de poder escoller unha licenza para un proxecto de software. A tarefa de elixir unha licenza para un proxecto pode non ser doada, sobre todo tendo en conta que nun proxecto podémonos atopar con múltiplas dependencias de outros proxectos. Aínda que estas dependencias sexan software libre, algunhas destas poden ter restricións que nos afecten á hora de poder escoller determinadas licencias.
Licensed axúdanos á hora de realizar esta tarefa do noso proxecto de software libre. Esta analiza as dependencias que ten o proxecto, lista as súas dependencias de licenzas e alerta de posibles problemas con licencias incompatibles.
De todos xeitos esta tarefa debe ser supervisada por un humano, de feito o equipo de desenvolvedores de Licensed advirten que o obxectivo da aplicación é automatizar a documentación das licencias das dependencias pero que non é un substituto dunha revisión humana nin de un asesoramento legal, pese a esta advertencia esta ferramenta pode axudar a atopar de forma automática e temperá posibles incompatibilidades de licenzas.

Podedes atopar o anuncio oficial de GitHub nesta páxina e o código fonte xunto coa documentación do proxecto, así como unha pequena guía de configuración están dispoñibles na forxa.

 

Fonte: https://www.muylinux.com/2018/03/08/github-licensed/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal