GitHub Inc, propiedade de Microsoft, adquiriu NPM Inc (desenvolvedores do xestor de paquetes NPM e mantedores do repositorio NPM).

NPM

O repositorio de NPM ten máis de 1.3 millóns de paquetes.

Un grupo de empregados creou un novo repositorio de paquetes, Entropic (deseñado para eliminar a dependencia do ecosistema JavaScript/Node.js).
GitHub prometeu que o repositorio de NPM será gratuíto e estará aberto a todos os desenvolvedores.

Os desenvolvedores de GitHub deron a coñecer tres áreas para o desenvolvemento de NPM:
– Participación comunitaria: onde terán cabida as opinións dos desenvolvedores de JavaScript no desenvolvemento do servizo.
– Expansión das capacidades básicas.
– Investimentos na infraestrutura e na plataforma, para aumentar a confiabilidade, escalabilidade e rendemento do repositorio.

No futuro, planéase integrar NPM na infraestrutura de GitHub. A integración permitirá usar a interface de GitHub para traballar con paquetes NPM.

O servizo de patrocinadores de GitHub estará dispoñible para financiar o traballo dos colaboradores e autores dos paquetes de NPM. Os clientes que usan NPM Prol, Teams e Enterprise para aloxar rexistros privados non terán cambios. GitHub permitirá a estes usuarios mover os seus paquetes privados de npm a paquetes de GitHub.

Máis información no blogue de github e no blogue de npm

Pin It on Pinterest

Share This