Gimp (editor de software libre multiplataforma para a edición profesional de imaxes, debuxos ou fotografías) publicou a versión 2.99.4 con novas funcións, melloras no manexo e diversas correccións de erros.

Novidades:
Nova ferramenta de selección de pintura, nova API de soporte de metadatos, decodificación JPEG2000 multiproceso, documentación inicial sobre a migración de complementos a 3.0. Correccións en selector multi-capa, melloras nos dispositivos por defecto, actualizados os complementos de arquivos, mellorada a depuración de complementos.

Non adoptarán GTK 4.0 de momento, pero enténdese que GIMP 3.0 pasará a GTK 4.0 nalgunha actualización futura.

Máis información na nota oficial de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This