O editor profesional fotográfico, libre e multiplataforma, Gimp, publicou a versión 2.10.32, con melloras de soporte para o formato de arquivos e diversas correccións de erros.

Novidades: compatibilidade coa importación/exportación de arquivos BigTIFF (permite arquivos de máis de 4 GiB), compatible coa importación de TIFF CMYK(A) de 8 e 16 bits, compatibilidade co formato de arquivo JPEG XL.

Carga de arquivos EPS transparentes, soporte mellorado de imaxes indexadas TGA e melloras no soporte de metadatos, entre outras.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This