O grupo de afeccionados á xeomática libre GeoInquietos de Valencia organiza a Geocamp España deste ano. O evento terá lugar o sábado 15 de xuño no Museu de L’Horta Sud en Valencia.

Geocamp

A Geocamp é un evento de tipo “barcamp” ou “desconferencia“, neste tipo de eventos non existe unha axenda con relatores e charlas fixados de antemán, senón que se trata dun evento aberto a todo o mundo para contar e aprender en conxunto entre todas as persoas asistentes, que serán as mesmas que defina o contido do propio evento.

Geocamp Barcelona 2016

O ámbito da Geocamp é español e comezou a celebrarse no ano 2013 en Vigo por parte de Ghandalf e Xeoinquedos. A principal temática das actividades é a xeomática libre.

A maiores das charlas e obradoiros da “desconferencia” tamén ten lugar sempre un evento social. Neste ano o evento será o domingo 16 e consistirá nunha “Geopaella” para a cal se hai que inscribir nesta ligazón.

Geopaella

As prazas no evento son limitadas é por iso que se recomenda realizar a inscrición o antes posible. Sobre a inscrición no evento e outra información de interese sobre a Geocamp, pódese visitar a páxina web da mesma e tamén se pode seguir a conta en twitter.

Pin It on Pinterest

Share This