GCompris publicado no catálogo público Developers Italia

Venres, 26 Febreiro 2021
GCompris publicado no catálogo público Developers Italia

O catálogo italiano de código público en Developers Italia é unha base de datos de procura de software libre desenvolto por institucións públicas italianas, ou procedente de terceiros, que pode ser utilizado polas institucións públicas italianas.

Developers Italia

As institucións públicas italianas teñen que revisar o catálogo cando buscan software que cubra as súas necesidades e, só se non hai ningunha opción que se axuste ás súas necesidades no catálogo, poden buscar unha alternativa propietaria ou desenvolver unha nova. E se desenvolven unha nova, ten que ser de software libre e engadirse ao catálogo.

Ademais de Italia, xa hai algúns outros países que planean utilizar este catálogo.

Gcompris

Gcompris, pasa a formar parte deste catálogo. Gcompris é conxunto de programas educativos multiplataforma e de software libre que contén un gran número de actividades para nenos entre 2 e 10 anos. Os requisitos de hardware necesarios son moi baixos, polo que propicia a reutilización de equipos vellos e pouco potentes.

A aplicación fíxose moi popular entre os profesores e os pais, reúne máis de 150 actividades distintas dispoñibles en máis de 20 idiomas, para aprender xogando.

GCompris está creado e mantido pola comunidade KDE, distribúese de forma gratuíta e non solicita datos persoais, nin mostra publicidade.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal