Xa foron elexidos os gañadores, entre os 230 participanes, da quinta edición de Wiki Loves Earth (organizado conxuntamente entre Wikimedia Portugal e Wikimedia España), concurso fotográfico para quen ama os espazos naturais celebrado entre o 1 e o 31 de maio.

Grazas ao concurso, liberáronse cerca de 4000 imaxes en Wikimedia Commons. Todas estas fotografías poden utilizarse para ilustrar contidos de Wikipedia ou para reutilizarse noutras plataformas e publicacións.

Podedes ver as fotos gañadoras e as finalistas na seguinte ligazón.

Imaxe gañadora na portada da nova:
Imaxe de Joaofung con licenza CC BY-SA 4.0, desde Wikimedia Commons

Pin It on Pinterest

Share This