Logotipo de GALPonPara poñer fin ao ciclo de obradoiros mensuais que GALPon vén celebrando baixo o nome Sábados Libres na Altamar, o vindeiro sábado 30 de novembro celebrarán a 5ª xornada: Obradoiro: VIM + Bash – Programación de «bash scripting» (II) que é unha continuación do obradoiro de iniciación celebrado no mes de setembro.

Este obradoiro práctico celebrarase unha vez máis na Residencia Altamar en Vigo de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30 o sábado 30 de novembro.

Como nos anteriores, a participación e asistencia a este obradoiro é de carácter gratuíto, e está aberta ao público en xeral. Para evitar problemas de aforo é obrigatorio formalizar unha inscrición a través da Páxina do evento en G+, indicando «Si» ou «Quizais» á consulta «Vas asistir?»
A programación completa é a seguinte:

  • Uso avanzado de «Vim»
    • Splits e lapelas
    • Como engadir unha extensión
    • Configuracións (un conxunto heteroxéneo)
    • Macros e búferes.
  • Uso avanzado de «Bash»
    • Funcións vs. alias
    • Como engadir opcións
      • getopt
      • getopts
      • $@ e shift
    • Expresións regulares e globbing
    • Sed e awk.
    • Varias operacións con variables.

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Pin It on Pinterest

Share This