Galpon organiza obradoiros sobre mapas libres

Mércores, 29 Agosto 2018

A asociación de software libre Galpon organiza un obradoiro sobre mapas libres enfocado ao desenvolvemento web, actividade que se organiza ao abeiro do convenio da Amtega coas asociacións de software libre.
O obxectivo é difundir ferramentas web libres como Leaflet e OpenLayers e dar a formación necesaria para poder integrar un mapa libre, como os de OpenStreetMap, nunha páxina web partindo de cero.

O obradoiro será impartido por Micho García e Francisco Puga, ambos desenvolvedores que empregan estas tecnoloxías.
Dende Galpon decidiron realizar este obradoiro en dúas edicións para poder chegar a máis xente dada a limitación de 20 persoas por cada unha das citas.

A primeira edición será o sábado 22 de setembro e a segunda será o 13 de outubro, ambas no local de A Industriosa en Vigo de 10:00 a 18:30, o acceso será de balde e con inscrición, que se pode realizar dende esta páxina.

Para máis información, podedes acceder á nova do evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal