GALPon ofrece obradoiro de OpenOffice.org avanzado na UVigo

Xoves, 7 Outubro 2010

Logo de GALPon Dende GALPon infórmannos que xa está aberto o prazo de matrícula para o Obradoiro de OpenOffice.org avanzado que esta asociación impartirá na Universidade de Vigo coa colaboración da empresa Tegnix. O prazo de matrícula remata o vindeiro día 15 de outubro.

O obradoiro vai dirixido a persoal coñecedor das ferramentas ofimáticas dun modo básico que desexa mellorar as súas capacidades no emprego do OpenOffice.org. O curso terá unha duración de 30 horas, e celebrarase do 18 de outubro ata o 8 de decembro de 2010, os luns e mércores de 15:00 a 17:00. 

Trataranse temas relacionados co emprego desta ferramenta ofimática en contornas máis esixentes de traballo como o envío automático de correspondencia, emprego de estilos, creación de escenarios ou supostos de cálculo ademais de deseño de presentacións de corte técnico ou impactante.

Esta ferramenta ofimática está sendo utilizada intensivamente en empresas e entidades públicas, sendo , por exemplo, a suite ofimática escollida para uso interno no Concello de Vigo.

O formato de ficheiro que emprega é o estándar Open Document Format (recomendado pola Unión Europea) ademais de poder importar outros formatos coñecidos no mercado, sendo estratéxico o seu coñecemento para afrontar con éxito as migracións cara o Software Libre.

Todos aqueles interesados en matricularse

Fonte: GALPon

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal