Este sábado día 30 de xuño ás 19:00 horas en Vigo, a asociación GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) terá a súa última xuntanza antes das vacacións. Á que, dende a súa páxina web, convida a toda a persoa que queira colaborar, aportar ideas ou simplemente estar informada dos proxectos e actividades desta asociación.

A asociación GALPon é unha das asociacións asinantes do convenio de colaboración entre a Axencia de Modernización Tecnolóxica e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre para o desenvolvemento do Software Libre en Galicia.

Entre as actividades e proxectos que ven desenvolvendo a asociación están o proxecto MiniNo e PicarOS, que son dúas distribucións de GNU/Linux, a primeira creada e deseñada para executar este sistema operativo en computadoras con poucos recursos hardware e a segunda é de tipo educativa e lúdica enfocada nos nenos de entre 3 e 12 anos.

Pin It on Pinterest

Share This