Fundamentos de Python para a xestión e automatización de rede

Mércores, 19 Maio 2021
Fundamentos de Python para a xestión e automatización de rede

O 26 de maio, en horario de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar o seminario online “Fundamentos de Python para a xestión e automatización de rede” organizado polo CNTG.

As habilidades da administración de rede están a evolucionar desde o enfoque tradicional de xestión e resolución de problemas baseado no uso das interfaces de liña de comandos, ata as redes programables e a automatización.

Cunha orientación eminentemente práctica, presentarase o Model Driven Programmability, que permite realizar cambios de forma transaccional mediante a definición de modelos de dispositivos estandarizados e API.

Nesta primeira sesión os/as asistentes poderán familiarizarse cos fundamentos de Python necesarios para comezar a desenvolver traballos de automatización, así como aprender novos conceptos relacionados coa programación de redes, traballando con sistemas reais.

Requisitos

Será necesario un computador con 8 GB de memoria RAM, acceso a Internet, o navegador Google Chrome coa extensión JSONView, Python 3, Postman e a última versión de Oracle VirtualBox. Utilizarase unha máquina virtual para despregar un dispositivo Cisco IOS virtualizado.

Obxectivos

Aprender novos conceptos relacionados coa programación de redes e a automatización, traballando con sistemas reais. Abordaranse os fundamentos necesarios para realizar tarefas básicas de automatización baseadas en Python. A xornada desenvolverase en base á realización de exercicios prácticos.

Temario

– O intérprete de Python
– Tipos de datos, variables e conversións
– Listas e dicionarios
– Entrada de datos
– Condicións e bucles
– Acceso a ficheiros
– Librerías de utilidade para administración de redes

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal