O proxecto FreeBSD rematou a migración do seu repositorio de desenvolvemento de Subversion a Git, unha transición que tomou tempo en ser completada posto que a decisión fora tomada xa hai máis de un ano e medio e que fará posible unha mellor experiencia no desenvolvemento deste sistema operativo libre. Grazas a esta migración, os desenvolvedores poderán gozar dos beneficios que ten Git como sistema xestor de versión e deixarán atrás o vello Subversion. O software escollido para interface web da forxa foi o libre cgit.

Máis información.

Pin It on Pinterest

Share This