FreeBSD publicou a nova versión estable deste sistema operativo basado en BSD. Destaca polas melloras no arranque UEFI para AMD64 e na mellora dos drivers. Engade soporte para freebsd-update para permitir a creación de instantáneas automatizadas da contorna de arranque.

Outras novidades: soporte de executables independentes da posición, novo script de servizo “zfskeys” para o descifrado automático de conxuntos de datos ZFS, emulación NVMe co hipervisor Bhyve, chroot agora soporta operacións sen privilexios, varias melloras en POWER e RISC-V, entre outros.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This