Francia actualiza o seu catálogo de software libre recomendado

Martes, 6 Setembro 2022
Francia actualiza o seu catálogo de software libre recomendado

A base interministerial de software libre é o catálogo de referencia de software libre recomendado polo Estado Francés para toda a administración. Publícao a división de software libre de Etalab (DINUM) no sitio web code.gouv.fr.

Constrúese de forma colaborativa por unha comunidade de axentes públicos, os “referentes SILL”. Estes funcionarios poden pertencer ás tres administracións públicas: o Estado, os hospitais e as autoridades locais.

img

O SILL axuda ás administracións para orientarse sobre o software libre que deben considerar utilizar, en cumprimento do artigo 16 da Lei para unha República Dixital:
“As administracións mencionadas no primeiro parágrafo do artigo L. 300-2 do código de relacións entre o público e a administración velarán por preservar o control, a sustentabilidade e a independencia dos seus sistemas de información. Fomentarán o uso de software libre e formatos abertos durante o desenvolvemento, a compra ou a utilización da totalidade ou parte destes sistemas de información.”

Criterios de inclusión de software no sistema FOSS

Para que un programa informático de software libre sexa incluído no SILL:
– O seu código fonte debe publicarse baixo unha das licenzas de código aberto aceptadas, sen que haxa un atraso entre a publicación do código fonte e a publicación dos arquivos executables.
– Debe ser despregado polo departamento de TI dunha institución pública ou instalado por un empregado público no seu posto de traballo.
– O software libre utilizado como servizo pode ser referenciado sempre que a administración estea a cargo técnico ou administrativamente dos servidores onde se desprega o software.

img

O catálogo está dispoñible nun portal web con buscador, ademais, cada vez que se actualiza a Dinum publica unha listaxe oficial en PDF e nos formatos abertos Markdown e Org-Mode.

Actualmente, a lista componse de 294 programas libres de todo tipo (aplicacións, extensións de navegador, distribucións GNU/Linux, xestores de contidos, etc.), organizados unicamente por criterio alfabético. No SILL poden aparecer varios produtos de software con funcionalidades similares.

Tamén se recompilan os proxectos que se retiran da lista por problemas de licenzas, de mantemento ou de privacidade. Audacity, MondoDB, Selenium IDE e Squash TF son algúns dos que quitaron da lista recomendada este ano.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal