FOSDEM (Free and Open Source Software Developers European Meeting), 1 e 2 de febreiro, evento gratuíto para que os desenvolvedores de software de todo o mundo pódanse reunir, compartir ideas e colaborar.

É un evento organizado por voluntarios para promover o uso xeneralizado do software libre e de código aberto que ten lugar na cidade de Bruxelas (Bélxica), amplamente recoñecida como a mellor conferencia deste tipo en Europa.

Obxectivos da FOSDEM

Organizado pola comunidade para a comunidade, busca proporcionar aos desenvolvedores de software libre e de código aberto e ás comunidades un lugar de encontro:
– Poñerse en contacto con outros desenvolvedores e proxectos
– Estar informados sobre os últimos desenvolvementos no mundo do software libre
– Estar informado sobre os últimos desenvolvementos no mundo do código aberto
– Asistir a interesantes charlas e presentacións sobre diversos temas por parte de líderes de proxectos
– Promover o desenvolvemento e os beneficios do software libre e as solucións de código aberto

A participación e asistencia é totalmente gratuíta, aínda que os organizadores aceptan agradecidos as doazóns e o patrocinio.

Actividades

Durante toda a fin de semana hai moitos eventos simultáneos, existen diversos tipos de conferencias, pero practicamente todas son técnicas, sobre proxectos ou tecnoloxías libres, tamén hai charlas sobre a comunidade ou a legalidade arredor do software e hardware libre.

Todos os anos existen conferencias principais, que van variando a temática e despois existen o que se lle chaman as developers room, nas que teñen lugar charlas, sesións de traballo, obradoiros…

A maiores das conferencias, todos os anos hai convocatorias de exames de certificados de tecnoloxías libres e tamén existen eventos non oficiais que as comunidades dos proxectos aproveitan para organizar en Bruxelas ou arredores, así como un evento de sinatura de claves criptográficas.

Durante toda a fin de semana existe tamén un recuncho para facer recrutamento pasivo de emprego relacionado co software libre, expositores onde os diversos proxectos de software libre expoñen as súas últimas novidades, merchadising e recolecta de doazóns e tamén acude un posto da editorial O’Reilly con unha morea de libros sobre tecnoloxías libres.

Podes ver toda a súa programación na súa páxina, e en caso de estar interesada en algunha conferencia é probable que a poidas seguir en directo por streaming, ou senón, pasado un tempo poderás velo a través da páxina das gravacións.

Pin It on Pinterest

Share This