Formación oficial en administración de sistemas operativos Linux LPIC

Xoves, 23 Setembro 2010

Centro de novas tecnoloxías de Galicia

Como xa informamos no mes de Agosto, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) fixo público o seu plan formativo para o vindeiro curso. LPI ATP Entre a súa oferta en tecnoloxías FLOSS para o último trimestre do ano hai dous cursos sobre administración de sistemas operativos LINUX a través dos que se poderán optar as certificacións LPIC de nivel 1 e 2. Os cursos son gratuítos e inclúen tamén de xeito gratuíto a posibilidade de realizar un dos dous exames oficiais necesarios para obter a certificación correspondente. As prazas son limitadas.

Tegnix Aqueles interesados en recibir esta formación que non consigan a súa praza, ou non poidan desprazarse ata Santiago para seguir estes cursos no CNTG, teñen a opción de realizar os cursos de certificación LPIC ofrecidos por TEGNIX, empresa formadora LPI ATP, acrónimo de “Linux Professional Institute Approved Training Partner”, é dicir, socios formadores da entidade certificadora profesional de GNU/Linux LPI.
Cursos ofrecidos polo CNTG

  • Administración de sistemas operativos Linux – Certificación LPIC 1.

Curso dirixido a profesionais que desexen iniciarse na administración de sistemas operativos Linux, no que adquirirán os coñecementos precisos para administrar calquera das distribucións dos sistemas operativos Linux e as súas ferramentas asociadas: traballar coa liña de comandos de Linux, realizar tarefas de mantemento (agregar e asistir aos usuarios e usuarias, apoiar e restaurar información), instalar e configurar unha estación de traballo (incluíndo interface gráfica) e conectala a unha LAN ou a Internet.

O curso ten unha duración de 80 horas e impartirase entre o 25/10/2010 e o 19/11/2010 de luns a venres de 9:30h a 13:45h nas instalacións do CNTG.

  • Administración de sistemas operativos Linux – Certificación LPIC 2.

Curso dirixido a usuarios e usuarias de sistemas Linux que desexen adquirir coñecementos avanzados na administración e mantemento habitual de servidores Linux de alcance corporativo, así como a configuración e posta en funcionamento de servizos como email, web, VPN, etc. Para un máximo aproveitamento do curso, é recomendable que os asistentes dispoñan de coñecementos medios e experiencia no manexo de sistemas operativos Linux a un nivel equivalente aos adquiridos mediante o curso de "Administración de Linux – Certificación LPI Nivel 1".

O curso ten unha duración de 80 horas e impartirase entre o 25/10/2010 e o 19/11/2010 de luns a venres de 16:30h a 20:30h nas instalacións do CNTG.

Para cada un dos cursos hai dispoñibles un total de 15 prazas sendo preciso realizar inscrición previa e unha proba de coñecementos da que se seleccionarán os admitidos. O prazo de inscrición remata o día 30 de setembro de 2010 e as probas, segundo a información publicada na web do CNTG serán:

  • LPIC1 (Primeiro letra do 1º apelido comece estea no intervalo A-L) : 06/10/10 ás 10:00
  • LPIC1 ( Primeiro letra do 1º apelido comece estea no intervalo M-Z) : 06/10/10 ás 11:00
  • LPIC2 : 06/10/10 ás 16:30

Cursos ofrecidos por TEGNIX

TEGNIX anunciou recentemente na súa web que abrían o prazo de inscrición para os seus cursos en modalidade presencial que se impartirán nas instalacións da empresa sitas na Rúa Uruguai de Vigo, a cinco minutos da estación de tren.

Ambos cursos teñen unha duración de 60 horas distribuídas do seguinte xeito:

  • LPIC 1 (ficha do curso), dende o dia 1 de outubro 2010 os venres de 16:30 a 20:45.

  • LPIC 2 (ficha do curso), dende o dia 2 de outubro 2010 os sábados de 09:45 a 14:00.

As prazas tamén son limitadas e farase unha proba de coñecementos previos para formar grupos homoxéneos. O prezo dos cursos non inclúe o custo dos exames oficiais necesarios para conseguir a certificación pero ao tratarse dun centro LPI ATP si é posible realizar os exames oficiais nas propias instalacións do centro.

Fontes:

CNTG

TEGNIX

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal