A aula CeMIT de Ames continúa as súas sesións formativas, co curso avanzado sobre a folla de datos de LibreOffice, Calc.

O curso será a continuación do curso de iniciación a Calc que se impartiu anteriormente.

Este ciclo de cursos de ofimática, está destinado a introducir a suite ofimática de LibreOffice e proseguirá ao longo destes meses coa posibilidade de poder presentarse aos exames CODIX.

Calc

Calc é unha folla de cálculo potente e versátil. A quen a usa por primeira vez resúltalles intuitiva e fácil de aprender. Conta cunha ampla gama de funcións avanzadas.

Pódese descargar libremente desde o repositorio de LibreOffice.

Calc pode gardar as follas de cálculo no seu propio formato nativo, OpenDocument (.ods), ou tamén pode abrir e gardar follas de cálculo de Microsoft Excel. Tamén permite exportar ao formato de Documento Portable (.pdf), que se pode ler nunha ampla gama de dispositivos e plataformas.

Sobre LibreOffice

LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), presentacións (Impress), base de datos (Base), debuxo vectorial (Draw) e outras ferramentas.

O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de ficheiro obrigatorio para a publicación e aceptación de documentos.

LibreOffice tamén pode abrir e gardar documentos en moitos formatos diferentes, incluíndo aqueles utilizados en varias versións de Microsoft Office.

Para estar informado sobre outras actividades, tamén podedes seguir as redes sociais da aula CeMIT de Ames:
Facebook
Instagram

Máis información nesta web

Pin It on Pinterest

Share This