FLISoL 2020 A Coruña, será un evento en liña

Martes, 28 Xullo 2020

O sábado 26 de setembro de 2020, a Asociación Melisa organiza o “FLISoL 2020 A Coruña”, esta vez en formato en liña.

FLISoL

O “Festival Latinoamerciano de Instalación de Software Libre” (FLISoL) é o evento de difusión de Software Libre máis grande en Latinoamérica (tamén se celebra noutros países do mundo) e está dirixido a todo tipo de público: estudantes, académicos, empresarios, traballadores, funcionarios públicos, entusiastas e persoas que non posúen moito coñecemento informático..

O FLISoL realízase desde o ano 2005. A asistencia é gratuíta e o seu principal obxectivo é promover o uso do software libre, dando a coñecer ao público en xeral a súa filosofía, alcances, avances e desenvolvemento.

O evento é organizado polas diversas comunidades locais de Software Libre e desenvólvese simultaneamente con eventos nos que se instala, de maneira gratuíta e totalmente legal, software libre nas computadoras que levan os asistentes. Ademais, en forma paralela, ofrécense charlas, relatorios e talleres, sobre temáticas locais e nacionais en torno ao Software Libre, en toda a súa gama de expresións: artística, académica, empresarial e social.

Devido á pandemia que se vive a nivel mundial polo Covid-19 durante o 2.020, moitas comunidades pertencentes ao FliSoL, organizaron o evento de maneira virtual.

FLISoL 2020 A Coruña

A edición 2020 do FLISoL organizada desde A Coruña, contará con diferentes charlas emitidas en liña que serán gravadas e posteriormente colgadas para poder ser vistas. Teredes toda a información sobre elas dentro duns días na páxina oficial do evento: https://flisol2020acoruna.gitlab.io/

Contacto

Se desexas poñerte en contacto coa organización, podes mandar un mail a info@melisa.gal

Inscrición

Non é necesaria a inscrición previa para asistir ás charlas en liña.

Organiza

Asociación Melisa

Patrocinan

Esta xornada forma parte das actividades que a Asociación Melisa realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2020 da Xunta de Galicia.

Máis información na web oficial do evento

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal