Flisol 2020 A Coruña, evento en liña

Martes, 15 Setembro 2020

O próximo sábado 26 de setembro, poderemos asistir á edición 2020 do FLISoL A Coruña a través de internet. Ao longo da xornada teremos diferentes charlas relacionadas co mundo do software libre e a cultura libre, e poderemos mandar preguntas e comentarios aos participantes a través de chats e audioconferencias.

FLISoL

O FLISoL é o evento de difusión de Software Libre máis grande en Latinoamérica e está dirixido a todo tipo de público: estudantes, académicos, empresarios, traballadores, funcionarios públicos, entusiastas e mesmo persoas que non posúen moito coñecemento informático.

A entrada é gratuíta e o seu principal obxectivo é promover o uso do software libre, dando a coñecer ao público en xeral a súa filosofía, alcances, avances e desenvolvemento.

Charlas

Podedes acceder a toda a información sobre as charlas nesta web.

As charlas que terán lugar durante a xornada (e teñen unha duración aproximada de 50 minutos cada unha) son:
– De Markdown á nube.
– Explorando Pandoc.
– Presentacións con LaTeX e ferramentas web.
– Android: O manexo da terminal e a instalación dunha distro de GNU/Linux sen necesidade de root.
– COVID-19. Elaboración de informes con QGIS.
– O meu robot aspirador chama a China!
– O meu móbil me espía? A difícil tarefa de escapar do capitalismo da vixilancia.
– Platformio, unha contorna libre de programación de microcontroladores.
– Soberanía dixital para a defensa dunha cidadanía global: o caso de Enxeñería Sen Fronteiras.

Inscrición

É un evento online que non precisa de inscrición previa. Permanecede atentos á web oficial onde se colgarán as ligazóns para asistir ás charlas e medios de comunicación (chats e audioconferencias).

Contacto

Se desexas poñerte en contacto manda un mail a flisol2020acoruna@gmail.com

Repositorio da edición 2019

Gravacións en vídeo de charlas/talleres
Gravacións en audio e materiais de charlas/talleres
Visualiza “FLISoL2019-A Coruña” en Youtube

Máis información na web oficial do evento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal