A fundación Mozilla lanzou o proxecto Common Voice (conxunto de datos de voz que permite ás pequenas empresas desenvolver a súa propia intelixencia artificial) e tamén traballa nun complemento que lle permita controlar o seu navegador Firefox con comandos de voz.

Firefox Voice é un asistente experimental de navegación por voz que permite usar comandos de voz para realizar accións típicas co navegador.

Co complemento instalado o usuario pode abrir webs, cambiar entre pestanas, asignar accesos directos a un comando longo, ler en voz alta, silenciar a pestana e facer capturas de pantalla, entre outras.

A ferramenta funciona soamente coa versión de escritorio do navegador e só funciona en inglés.

Podes instalar Firefox Voice a través da páxina de extensións do navegador.

Máis información na web do proxecto

Pin It on Pinterest

Share This