O CEO de Mozilla Corporation, Chris Beard, falou sobre a intención de lanzar en outubro o servizo  “Firefox Premium” de subscrición (relacionados coa VPN e Firefox Send):
“Estamos a traballar en tres fontes de ingresos e queremos volver equilibralas: temos Procura, pero tamén facemos contido, Pocket é o exemplo diso, tamén hai contido patrocinado. Este é o negocio do contido. E o terceiro no que estamos a traballar e desenvolvendo ao pensar en produtos e servizos son os niveis premium dalgunhas destas ofertas. Podes imaxinarte algo como unha solución de almacenamento seguro.”
Con estes ingresos búscase permitir que o navegador Firefox manteña o seu desenvolvemento.

Outra forma de contribuír con Mozilla, sería mediante doazóns.

Pin It on Pinterest

Share This