Firefox 88 liberouse, agora si, funcionando o tema Alpenglow Dark en GNU/Linux. Ademais, activaron WebRender en KDE e XFCE.

Novidades: os formularios PDF agora admiten JavaScript incrustado nos arquivos PDF, actualizacións de impresión, pódese facer zoom suave cun panel táctil en GNU/Linux.

Firefox agora illa os datos de window. name ao sitio web que os creou. Os lectores de pantalla xa non len incorrectamente o contido que os sitios web ocultaron visualmente.

Firefox non solicitará acceso ao teu micrófono ou cámara se xa concediches acceso ao mesmo dispositivo no mesmo sitio e na mesma pestana nos últimos 50 segundos. O soporte de FTP foi desactivado, e a súa eliminación completa está prevista para unha próxima versión.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This