Chega Firefox 72 con novidades para macOS e Linux, protección anti-fingerprinting por defecto (os nosos datos vólvense máis opacos para os anunciantes e para as webs onde navegamos) e permite o borrado de datos telemétricos de Mozilla.
Firefox tamén permitirá eliminar as solicitudes para recibir notificacións, soamente mostrará unha icona de solicitude na barra de direccións.
En Linux e macOS, agregouse a capacidade de ver vídeo no modo “ Picture-in-Picture”, permitindo visualizar un vídeo nunha xanela flotante.