Nova versión do navegador web de Mozilla, Firefox 110. Chega cun gran número de novidades.
Novidades: pódese importar información (favoritos, historial de navegación e contrasinais) de Vivaldi, Opera e Opera GX. O sandboxing da GPU activouse en Windows. Canvas2D acelerada por GPU activada por defecto en macOS e GNU/Linux. Rendemento mellorado de WebGL en Windows, macOS e GNU/Linux.
Activouse unha capa de vídeo decodificado por hardware nas GPU non-Intel en Windows 10 e Windows 11, o rendemento da reprodución de vídeo e a calidade do escalado de vídeo. Correccións de erros e de seguridade, entre outras.