Nova versión de Firefox, a 101, deste navegador libre que corrixe 30 vulnerabilidades, implementa o soporte experimental para a terceira versión do manifesto de Chrome e implementa a capacidade de usar simultaneamente unha cantidade arbitraria de micrófonos durante unha videoconferencia.

Outras novidades: inclúe soporte para o protocolo WebDriver BiDi, que permite utilizar ferramentas externas para automatizar o traballo e o control remoto do navegador.

En Firefox para Android agrega soporte para a función ampliar áreas de pantalla introducida en Android 9, coa que se pode ampliar o contido dos formularios web. Corrixíronse problemas co tamaño do vídeo en Youtube, corrixiuse o parpadeo do teclado virtual ao mostrar un menú emerxente, mellorouse a visualización dun botón de código QR na barra de direccións, entre outras.

Pin It on Pinterest

Share This