Finlandia liberou o framework Oskari baixo as licenzas EUPL e MIT, xeoportal de código aberto distribuído, multipropósito e extensible construído con Java e Javascript.

Ten como obxectivo o de axudar ás empresas e municipios a ofrecer mellores servizos de mapas en liña aos seus cidadáns e consumidores.

Pódese acceder a unha demostración en http://demo.oskari.org

Oskari utiliza compoñentes estándar de código aberto como OpenLayers, GeoTools e GeoServer.

Actualmente Oskari está no proceso de incubación para converterse en membro de OSGeo.
