Finalmente MsOffice poderá traballar co formato OpenDocument

Finalmente, Microsoft cedeu á presión de varios grupos, incluíndo algúns gobernos, entre os que se atopa o propio Goberno dos Estados Unidos, e vén de anunciar que ofrecerán un novo software de código aberto, que permitirá que as aplicacións da súa suite ofimática ‘MS Office’ poidan traballar con documentos elaborados co formato OpenDocument.

O ‘OpenDocument’ é un formato estándar, ISO 26300, de arquivos de ofimática para o almacenamento de documentos tales como textos (.ODT), follas de cálculo (.ODS), gráficos (.ODG) e presentacións (.ODP).

Microsoft vai desenvolver ferramentas para a conversión dos seus novos formatos ‘Open XML’ a ‘OpenDocument’ de xeito que as súas aplicacións poidan manexar documentos xerados con programas ofimáticos rivais baseados no devandito estándar. Estas ferramentas serán desenvolvidas coa axuda das compañías ‘Clever Age’ de Francia, ‘Aztecsoft’ de India e ‘Dialogika’ de Alemania.

A ferramenta para “converter” os arquivos a ODF (Open Document Format) denominarase ‘Open XML Translator’, desenvolverase baixo licenza BSD e xa conta coa súa páxina en SourceForge.net. Agárdase que a versión para ‘Word’ estea dispoñible a finais deste ano e as de Excel e PowerPoint no 2007.

Fonte: CDT Internet 

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal