Fedora planea renomearse a Fedora Linux

Venres, 9 Abril 2021
Fedora planea renomearse a Fedora Linux

Matthew Miller deu a coñecer que tomou a iniciativa de dividir a comunidade e os nomes de distribución de Fedora. O nome de «Fedora» relacionarase unicamente para todo o proxecto e a comunidade asociada, mentres que para o caso da distribución planéase que se chame Fedora Linux.

En palabras de Matthew Miller:
“… o proxecto Fedora non se limita a unha distribución e tamén está a desenvolver o repositorio EPEL para RHEL/CentOS, documentación, sitios web e varias ferramentas. Por tanto, cando digo Fedora, gustaríame referirme a todo o proxecto e non a un dos produtos que se crea.”

O cambio de nome solicitado proponse para a versión de Fedora 35.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal