A partir de Fedora 31, a intención será de non ofrecer o kernel Linux para arquitecturas de 32-bits en Fedora, desta forma despídese dos 32-bits, como fixeron outras tantas distribucións Linux e máis dunha aplicación nos últimos anos.
Isto non supón que Fedora abandone o soporte de 32-bits por completo, manterá un repositorio cos paquetes para esta arquitectura dos que seguen dependendo moitas aplicacións, así como a posibilidade de seguir compilando paquetes para ela.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This