Fedora escolle Btrfs como sistema de arquivos

Xoves, 3 Setembro 2020

Fedora (distribución comunitaria de Red Hat) escolle Btrfs como sistema de arquivos por defecto. Fedora soporta Btrfs desde 2012, e desde o pasado xullo úsase por defecto en Rawhide (canle de desenvolvemento sobre a que se constrúen as novas versións da distribución).

Melloras de Btrfs respecto a Ext4: ao ser deseñado para unidades SSD coa integridade dos datos en mente, conta coa facilidade de uso, a compresión ao voo e a posibilidade de instantáneas. É o máis parecido que hai a ZFS para GNU/Linux.

Máis información en fedora Magazine

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal