Unha das primeiras en abandonar esta arquitectura foi Arch Linux, e pouco tempo despois uníronse outras como Ubuntu. Fedora (outro dos sistemas operativos GNU/Linux máis populares) únese así a este movemento de abandono dos 32 bits, por falta de interese da comunidade.

Justin Forbes, encargado de manter o kernel de Fedora dixo:
“Non hai suficientes membros da comunidade dispostos a facer o traballo para manter a arquitectura. Con todo, non se preocupe: Fedora non descarta todos os paquetes de 32 bits. Aínda se están creando moitos paquetes i686 para garantir que cousas como multilib, wine e Steam continúen funcionando.”

Os equipos antigos non poderán instalar versións modernas de Fedora, Ubuntu, Arch Linux, nin ningún sistema operativo popular.

Se temos instalacións de 32 bits i686, continuaremos recibindo actualizacións de Fedora ata maio ou xuño de 2020.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This