Fedora 37, nova versión da distribución comunitaria multipropósito, patrocinada por Red Hat.

Novidades: chega coa versión 43 de Gnome (contorna de escritorio) e melloras na captura da pantalla mediante PipeWire. En Fedora tamén existe unha versión con KDE Plasma (versión 5.26) e Wayland usado de maneira predeterminada (e outras versións con LXQt, LXDE, MATE, Xfce, i3 e Cinnamon).

Fedora 37 trae Linux 6.0 como kernel. Mesa 22.2, OpenJDK 17, Golang 1.19, LLVM 15, GCC 12.2 xunto a Glibc 2.36, PHP 8.1, Podman 4.3, Django 4.0, Ruby 3.1, PostgreSQL 14.2 e Ruby on Rails 7.0. PipeWire 0.3.60 como servidor multimedia, ademais de fwupd 1.8.5 para actualización do firmware nos dispositivos compatibles.

Raspberry Pi 4 está soportado agora oficialmente.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This