Fedora 34 chega con GNOME 40 e PipeWire

Mércores, 5 Maio 2021
Fedora 34 chega con GNOME 40 e PipeWire

Liberouse Fedora 34, última versión da distribución comunitaria e patrocinada por Red Hat.

Como novidades principais Fedora 34 chega coa contorna de escritorio GNOME 40 e con PipeWire (novo servidor de son predeterminado). PipeWire substituirá a PulseAudio e JACK, pero encargarase tamén de parte do soporte de captura e compartición da pantalla en Wayland.

Outras novidades: a cantidade de zRAM cambiou do 50% da RAM ao 100% ata un tamaño máximo de 8 gibibytes. Utilízase Btrfs como sistema de ficheiros predeterminado, habilitación por defecto de ‘systemd-oomd’. KDE Plasma agora utiliza a sesión de Wayland por defecto.

En Fedora IoT, orientada ao Internet das Cousas, mellorouse o soporte ao abarcar dispositivos ARM como os de Pine64, RockPro64 e Jetson Xavier NX.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal