Dispoñible Fedora 31, unha das distribucións máis importantes de GNU/Linux, referencia para a contorna GNOME e a base para RHEL.

Chega coa Fedora Toolbox, unha ferramenta simple para iniciar e administrar contedores de espazos de traballo persoais para que se poida desenvolver ou experimentar nunha contorna illada asumindo menos riscos no sistema.

Outras novidades: arquitecturas soportadas (x86_64, ARM AArch64, Power e S390x), abandono do soporte para 32-bits, Linux 5.3, GNOME 3.34, Mesa 9.2, elimináronse paquetes Python 2, CgroupsV2 por defecto, melloras de estabilidade e rendemento, dispoñible coas contornas gráficas (GNOME, XFCE, Plasma, LXQT, MATE, Cinnamon, e LXDE).

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This