O 31 de maio, en horario de 17.00 a 18.00, terá lugar a presentación doutro dos “Faladoiros de Mancomún” no GaiásTech. O evento será retransmitido por streaming.

Retomamos os “Faladoiros de Mancomún” neste ano 2022. Charlas en formato videopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.

Un espazo onde visibilizar mulleres no sector tecnolóxico e onde poidan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido.

Neste primeiro faladoiro de 2022, contamos coa participación de:
– Bárbara Román, compañeira da Oficina de Software libre da Xunta de Galicia, continúa este ano facendo de presentadora nos faladoiros.
– Laura Castro como invitada deste faladoiro.

Bárbara Román é CEO da empresa Nolegaltech.
-Linkedin de Bárbara Román: https://www.linkedin.com/in/barbararomanmendez/

Laura Castro Souto, Enxeñeira informática, profesora e investigadora do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade de Informática da Coruña. Defínese a si mesma como unha aprendiz constante, feminista e geek.
– Linkedin de Laura Castro: https://www.linkedin.com/in/lauracastro/
– Twitter de Laura Castro: @lauramcastro

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This