Voltamos cos “Faladoiros de Mancomún”. Charlas en formato videopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre.

Un espazo onde visibilizar mulleres no sector tecnolóxico e onde poidan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido.

Neste segundo faladoiro de 2022, contamos coa participación de:
– Marelisa Blanco, como presentadora deste faladoiro. Marelisa é avogada e debuxante en Nolegaltech. Twitter de Marelisa: https://twitter.com/MarelisaBlanco
– Ana Jiménez, como invitada. Desenvolvedora e defensora do código aberto, Data Scientist e Software Marketer.
Traballa como Xerente do Programa TODO Group OSPO na Fundación Linux (con sede en Europa), avogando pola adopción e a educación da Oficina de Programas de Código Aberto en organizacións de todo o mundo.
Linkedin de Ana: https://www.linkedin.com/in/ana-jim%C3%A9nez-santamar%C3%ADa/

Vídeo do Faladoiro

Pin It on Pinterest

Share This