Fairphone 3 – smartphone sostible, ético e reparable

Venres, 6 Setembro 2019

Sostible e ético

Os teléfonos de Fairphone non son dispositivos innovadores ou cun prezo competitivo, sen embargo temos a garantía de que todos os materiais necesarios para a súa fabricación proceden do comercio sostíbel e de fóra de zonas de conflito, e que todos os traballadores implicados teñen unhas condicións laborais dignas.

Diferentes xeracións do Fairphone

Fairphone 3

Xa está dispoñible para a precompra o novo modelo Fairphone 3, dispositivo cunha pantalla IPS de 5,65 polgadas, resolución FullHD+, protección Gorilla Glass 5 e relación de aspecto 18:9.

Conta cun procesador Qualcomm Snapdragon 632, 4 GB de memoria RAM e 64 GB de almacenamento interno, ampliables a través de tarxetas microSD.

Cámara fotográfica traseira Sony IMX 363 de 12 Mpx con apertura f/1.8 e dual pixel PDAF, e outra frontal de 8 Mpx con apertura f/2.0.

Conectividade Bluetooth 5.0, wifi de dobre banda, NFC e dobre SIM 4G, catro sistemas de posicionamento (GPS, GLONASS, BeiDou e Galileo), porto USB-C 2.0, jack de auriculares 3.5 mm e protección IP54.

Batería de 3000 mAh de capacidade e sistema operativo Android 9 Pie.

O seu prezo é de 450 € e pódese comprar a través da páxina web do proxecto, (os envíos comezarán a finais de setembro).

Reparable

O smartphone pódese reparar de forma fácil polo propio usuario, xa que conta cun deseño modular. Conta con 7 módulos diferenciados que se poden comprar a través da empresa: pantallas, módulos de cámara, baterías, alfotalantes, etc.

Prezos dalgún dos compoñentes por separado:
Pantalla, 89,95€
Cámara, 49,95€
Altofalante, 29,95€
Batería, 29,95€
Cuberta traseira, 24,95€


Fairphone impulsa a fabricación de produtos que resistan o paso do tempo e que, en última instancia, necesiten ser renovados con menos frecuencia e xerando menos refugallos.

Fairphone apóiase nos datos de iFixit, que xa lle deron na pasada edición a máxima puntuación ao Fairphone 2, de dez sobre dez. É o único móbil do mundo que inclúe un desaparafusador para desmontalo, baixo o lema ” Yours to open, yours to keep”.

Máis información e compra

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal