Facebook únese a The Linux Foundation como membro platino

Venres, 28 Agosto 2020

Facebook uniuse a “The Linux Foundation” como membro de platino.

The Linux Foundation

The Linux Foundation é un consorcio tecnolóxico sen ánimo de lucro establecido para adoptar o crecemento de Linux. Nace da unión do Free Standards Group (FSG) e Open source Development Labs (OSDL) o 21 de xaneiro de 2007. Estes dous consorcios tiñan os mesmos obxectivos dentro da adaptación do mercado e a estandarización dos compoñentes de Hardware e Software para o Sistema Operativo GNU/Linux.

Dentro dos membros iniciais atópanse 70, entre os que figuran distribuidores de software e hardware como Hewlett-Packard, IBM, Novell, Oracle e Red Hat, así como múltiples universidades e usuarios finais.

Facebook é unha das principais contribuidoras da biblioteca React (construída con JavaScript), de Open Computer Project (centro de datos con hardware aberto) e de cGroup2 en Linux (software para as tecnoloxías de contedores).

O posto de Facebook na xunta directiva de The Linux Foundation será ocupado pola directora para proxectos de código aberto, Kathy Kim.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal