Liberada unha versión nova de Firefox 66.0.4 que repara a cadea de certificados para volver habilitar as extensións, os temas, os motores de procura e os paquetes de idiomas que se deshabilitaran o pasado venres e que impedía tamén a instalación de novos complementos.
Non é necesario seguir ningún paso activo para que os complementos volvan funcionar, simplemente esperar á actualización. Recomendación dende Mozilla: “non elimine nin reinstale ningún complemento como un intento de solucionar o problema. Ao eliminar un complemento elimínanse todos os datos asociados con el, mentres que a desactivación e a reactivación non o fan”.

Pin It on Pinterest

Share This