Como xa ben sabemos, os GPUL Labs son unha serie de obradoiros, charlas, e hackathons centrados nas máis punteiras tecnoloxías, sempre Software Libre, e impartidas por poñentes de recoñecido prestixio a nivel galego.

Se xa a edición do ano pasado dos GPUL Labs fora exitosa, a actual está a ser incluso mellor, con cheo total ata o momento en tódalas actividades e un total de uns 160 asistentes nas 4 charlas que se desenvolveron ata o momento.

Tamén está a ser un éxito na cantidade de charlas propostas e na súa calidade, tendo actualmente pechadas unha actividade semanal ata a última semana do mes de Xuño e contando con poñentes de gran nivel como Rafa Bermúdez, CTO do Grupo Aluman, Carlos Sánchez membro da Apache Foundation e poñente en múltiples eventos internacionais ou Oscar Miguel Bandín CTO de Diariomotor entre outros moitos.

Dende o GPUL incídese en que todas as actividades son gratuitas e realizanse maioritariamente na cidade da Coruña aínda que este ano tamén se ten previsto que cando menos 3 de elas se leven a cabo en Santiago co obxectivo de espallar a filosofía do software libre por outras cidades.

Pódese atopar máis información sobre os GPUL Labs na web labs.gpul.org.

Pin It on Pinterest

Share This