Etertics v10.0, distro pensada para radios comunitarias

Xoves, 11 Abril 2019

EterTICs naceu da Rede de Radios Comunitarias de Software Libre, baixo a dirección de Javier Obregón, aló polo 2013 e ata día de hoxe mantén un desenvolvemento activo e constante como demostra a saída desta versión 10.0 chamada Kuntur (cóndor en Quechua).

Pensada para facilitar a migración ao software libre (de radios comunitarias e outro tipo de entidades parecidas) e adoptar “tecnoloxías libres para así xerar comunicación libre”. Está instalada, a día de hoxe, en decenas de emisoras comunitarias de toda América Latina.

En palabras da a propia xente do proxecto, conciben EterTICs como:

…un conxunto de programas informáticos seleccionados para liquidar unha problemática puntual, no noso caso a instalación e configuración que permitan sacar unha radio sexa polo éter ou por internet de forma fácil e rápida, todo isto sobre un Sistema Operativo GNU con núcleo Linux…”

EterTICs

EterTICs v10.0 é unha adaptación da distribución Devuan GNU/Linux (á súa vez esta deriva de Debian, pero sen empregar a peza Systemd), que busca sobre todo a estabilidade. Pensada para funcionar principalmente nos PC’s das radios e estar sometidas a un traballo duro, moitas veces de 24x7x365 como un pequeno servidor.

kuntur

Características de Kuntur

  • Sistema Operativo: GNU/Linux
  • Kernel: Linux oficial do proxecto Devuan 4.9.0-8-amd64
  • Distro base: Devuan 2.0
  • Arquitectura: amd64 e i386
  • Algunhas das diferenzas con Devuan GNU/Linux:
    • Xestor de inicio de sesión Lightdm
    • Xestor de redes network-manager
    • Escritorio MATE 1.20
    • Agréganse 2 paneis con lanzadores de aplicacións (Docky).
  • Programas que trae pensados especialmente para radios:
    • AudioRecorder 2.1.3
    • Audacity 2.1.3
    • Ardour5 5.5.0
    • Butt 0.1.17
    • Suite Cadence 2.0.8
    • GRadio 4.0 *Ébano
    • Jack Mixer
    • Mixxx 2.0.0
    • IDJ 0.8.16

 

Máis información: https://liberaturadio.org/lanzamiento-de-etertics-v10-0-kuntur/

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal