O Xoves 24 de xaneiro ás 19:00 no Centro Ágora da Coruña terá lugar unha charla formativa sobre Git. Git é o sistema de control de versións que deseñou Linus Torvalds para xestionar o desenvolvemento do kernel de Linux e que rapidamente se popularizou e está a ser a ferramenta de desenvolvemento imprescindible dos proxectos de software e como non podía ser doutro xeito tamén é software libre.

Este evento titulado “Developer Vago: mastering git” está organizado por Coruña JUG, un grupo de desenvolvedores interesados na linguaxe Java e outras que se executan na máquina virtual de Java (JVM) como Groovy, Scala e Kotlin. A charla contará con contido teórico explicando os fundamentos clave do sistema de control de versións e posteriormente terá contido práctico e exemplos para que os asistentes proben e experimente coa ferramenta. Adicionalmente tamén haberá unha sesión de charlas curtas nas que toda persoas que queira pode contar os seus trucos e experiencias usando Git.

Para máis información pódese visitar a páxina de meetup do evento.

Pin It on Pinterest

Share This