O sábado 14 de abril o Recuncho Maker de Santiago organiza un obradoiro de deseño de placas PCBs co software libre KiCad.

KiCad é unha suite de software libre para a automatización do deseño electrónico. O programa é unha ferramenta que axuda no deseño de esquemas de circuitos electrónicos e a conversión en deseños de PCBs (do inglés Printed Circuit Board) para a súa posterior impresión e fabricación. KiCad é unha aplicación multiplataforma con soporte para Windows, GNU/Linux e MacOS e está licenciada baixo a GPLv3.

O obradoiro será fundamentalmente práctico, onde se deseñará unha placa para un cargador de pilas, pasando por todas as fases que son precisas para o seu deseño completo ata obter os ficheiros que se precisan para encargar a fabricación da nosa placa.

Pódese atopar máis información sobre o evento así como o formulario para o rexistro como asistentes na páxina do evento.

Pin It on Pinterest

Share This