A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolle o 22 e 23 de setembro o primeiro encontro de usuarios e desenvolvedores de WordPress de Galicia (WordCamp Pontevedra) á que se estima que acudan sobre unhas 200 persoas.

O evento oficial comeza o sábado, pero o venres 21 á tarde hai tamén un meetup público sobre emprendemento con WordPress.

Durante todo o sábado haberá actividades de diversos niveis e enfoques, que teñen lugar en dous “tracks” simultáneos con un total de 25 conferencias.

O domingo será o Día do Contribuidor onde os asistentes terá espazo para traballar e contribuír co proxecto WordPress, sendo este día ideal para comezar a colaborar con este, pois contarase coa presenza de contribuidores con experiencia que poden orientar e axudar a que novas persoas se involucren no proxecto.

O programa completa doas actividades do evento está dispoñible na páxina e o rexistro pode realizarse dende aquí.

Pin It on Pinterest

Share This