A empresa Purism deu a coñecer as especificacións do teléfono Librem 5.
Características: sistema operativo baseado en PureOS (un sistema operativo totalmente gratuíto, ético e de código aberto que non está baseado en Android ou iOS, con base Debian), contorna GNOME adaptada a teléfonos intelixentes (KDE Plasma Mobile e UBports como alternativas).
Tres  interruptores permiten desconectar a cámara, micrófono, Wifi/Bluetooth e o módulo de banda base. Os compoñentes do chip de banda base están separados da CPU.
Especificacións: módem Gemalto PLS8 3G/4G ou Broadmobi BM818, CPU ARM64 Cortex A53 de catro núcleos (1.5Ghz), Cortex M4, GPU Vivante con soporte para OpenGL, Vulkan e OpenCL, memoria RAM 3 GB, Flash de 32 GB e microSD, pantalla de 5.7 polgadas (IPS TFT) cunha resolución de 720×1440, batería de 3500 mAh, Wi-fi 802.11 abgn 2.4 Ghz/5Ghz, Bluetooth 4, GPS  Teseo LIV3 F GNSS, cámaras frontal e traseira de 8 e 13 megas, USB Type-C, ranura para lector de tarxetas intelixentes 2 FF.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This