España sitúase entre os líderes do open data en Europa por quinto ano consecutivo.

O European Data Portal acaba de publicar o seu informe “Open Data Maturity Report 2019”, que mide o desenvolvemento logrado no campo dos datos abertos en Europa. España ocupa a segunda posición nel.

De acordo co informe, a media de madurez de datos abertos da EU28 é do 66%, só un punto porcentual por encima dos datos obtidos en 2018. No caso de España, a puntuación obtida foi do 90%, tres puntos máis que en 2018 e moi por encima da media europea. Só Irlanda, cun 91%, sitúase por diante de España.

Con esta puntuación, España encádrase dentro do grupo de cabeza, xunto con Irlanda e Francia. Os países que pertencen a este grupo caracterízanse por ter unha estratexia avanzada de datos abertos e un forte compromiso cos datos abertos como activo estratéxico para impulsar a transformación dixital.

A nivel xeral, o informe destaca que Europa está a entrar nunha fase de consolidación, onde o foco pasouse da cantidade á calidade dos datos publicados. Unha vez implementadas políticas e plataformas de datos abertos, os países europeos están a tratar de asegurar o valor dos datos impulsando a súa reutilización.

España está por encima da media Europea nos 4 indicadores analizados.

Recomendacións para seguir avanzando en materia de datos abertos

No caso do grupo de cabeza, grupo ao que pertence España, inclúense, entre outras, as seguintes conclusións:

– Fomentar ecosistemas de datos temáticos ao redor da categorías temáticas definidas na recente Directiva sobre datos abertos e a reutilización da información do sector público.
– Impulsar os datos en tempo real.
– Continuar traballando para mellorar a calidade dos metadatos e os datos mediante o uso de ferramentas (por exemplo, para a validación de metadatos).
– Traballar con institucións académicas para proporcionar cursos avanzados de datos abertos e capacitación.
– Involucrar ás universidades e institucións de investigación para desenvolver métricas específicas do país para medir o impacto.

Podes ver a ficha de España nesta ligazón
Informe completo “Open Data Maturity in Europe 2019”
Máis información na noticia de datos.gob.es

Pin It on Pinterest

Share This