esLibre defínese como un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libres, enfocado a compartir coñecemento e experiencias ao redor das mesmas e pensado para recuperar a idea de comunidade.

Terá lugar o 21 de xuño, na Escola Técnica Superior de Enxeñerías Informática e de Telecomunicación da Universidade de Granada.

Contará con estas actividades:

  • Track principal
  • Track xeral
  • Charlas breves (lightning talks)
  • Titoriais
  • Hackatóns (para unhas 20 persoas)
  • Devrooms propostas por comunidades, centrados no software, hardware ou outras tecnoloxías libres.

Pódense enviar propostas para os tracks e as charlas breves ata o 15 de maio. O prazo de envío de propostas para os devrooms xa rematou. Tedes toda a información sobre as propostas, nesta ligazón.

Prezo
esLibre é de libre acceso, pero contan cun sistema de rexistro no que é necesario anotarse.

Rutas turísticas para geeks
Para os que queden o sábado, organizaranse un par de rutas alternativas por Granada:

  • Ruta geek de visita a estruturas steampunk e as matemáticas nos monumentos.
  • Ruta de grafiti.

Máis información: https://eslib.re/2019/

Pin It on Pinterest

Share This